Descripción
ONDE VAI A XENTE non é un programa de reportaxes, é un docusoap. E dicir, un documental sobre a realidade tratado en forma de ficción, e ademais con moito humor.
O noso fío condutor é Alfonso Tellado, un galego con retranca dunha pequena aldea da Coruña chamada Bouza Maior. Alfonso vaise a desprazar alí onde o chamen para saber a que adican o tempo libre outros galegos e despois contárnolo.
Nos lugares onde chegaremos no só se grabarán as xuntanzas en si, ademais queremos saber como é a vida dos seus protagonistas. Farémoslle seguimento e coñeceremos un pouquiño máis da súa aldea ou vila, pero todo sen perder de vista o humor e sempre desde a perspectiva do retranqueiro Alfonso.