Ver vídeo

Descripción

Como galegos! é un programa de entretemento, no que, a modo de concurso, no que tres estranxeiros de tres nacionalidades distintas e que viven en tres localidades diferentes s de Galicia terán que demostrar cal deles é o que máis integrado está na nosa comunidade. En definitiva, cal dos tres é o máis GUIRIGALEGO de todos!
Da man dos nosos estranxeiros máis galeguizados coñeceremos o fenómeno de crisol de culturas que se estende polo noso mapa, ademais de comprobar o enriquecedor que é cando as identidades se acoplan, e se mesturan.
Ademais de concursar para ver quen dos tres estranxeiros de cada programa de cómo Galegos! está máis integrado en Galicia, acompañarémolos e coñeceremos o seu día a día, presentándonos a toda a xente que se convertiu dalgunha maneira na súa familia, xa que, lonxe dos seus, os vínculos emocionais son sempre importantes para facer fogar e sentirse coma na casa.
Con tres testemuñas en primeira persoa cheas de chispa e vitalidade e un carteiro de luxo, encargado de buscar, atopar e retar aos máis singulares GUIRIGALEGOS da nosa comunidade, en Como Galegos!

Datos

  • Emisora:   Televisión de Galicia

  • Año:   2014 – 2019 (5ª temporada)

  • Formato:  Programa de TV

  • Genero:   Docu-Soap

Imágenes