Cargando...
PROGRAMAS2019-06-10T18:04:50+01:00

Sen código postal

Víctor Fábregas, o carteiro da Galega, continúa o seu periplo no programa ‘Sen Código Postal’. Como xa é habitual nel, percorrerá Galicia na súa bicicleta e co seu uniforme de carteiro na procura dun anfitrión que nos ensine a súa vila. A proposta que lle pedimos é que nos descubra o máis característico, o máis sorprendente, o máis descoñecido e o máis simpático. Con isto, o veciño gañará o recoñecemento de embaixador.

Como Galegos!

Como galegos! é un programa de entretemento, no que, a modo de concurso, no que tres estranxeiros de tres nacionalidades distintas e que viven en tres localidades diferentes s de Galicia terán que demostrar cal deles é o que máis integrado está na nosa comunidade. En definitiva, cal dos tres é o máis GUIRIGALEGO de todos!

Ir a Arriba